ENERXÍAS DO PASADO E DO FUTURO

GUÍA DIDÁCTICA


NIVEIS EDUCATIVOS DE APLICACIÓN

O tema de “Educación ambiental” é un dos bloques que vertebra o noso sistema educativo

O recurso aquí presentado podería ser empregado dende diversas materias do noso sistema educativo: Coñecemento do Medio, Xeografía e Historia, Tecnoloxía, Plástica e Visual. En Xeografía e Historia dende o punto de vista da evolución histórica, é dicir, cómo o home ten buscado fontes de enerxía para mellorala calidade da súa vida e como, o control das devanditas fontes, ten motivado moitos conflitos bélicos, especialmente na era contemporánea.

No campo da tecnoloxía sería moi doado empregalo recurso, dentro do temario da ESO, non só como punto de partida para a explicación de sistemas de funcionamento, senón tamén para a realización de inxenios solares, eólicos, eléctricos, ...; de feito, algúns centros do territorio español están a participar no proxecto ERA, http://www.aqua.ies-mcatalan.com/ERA/index.html, non só dende o departamento de tecnoloxía senón tamén do de Plástica e Visual, Física e Química...

Tamén é un recurso válido para tódolos cursos da primaria, secundaria, bacharelato e diversos ciclos formativos, de grado medio ou superior:


PRIMARIA

Na materia de “Coñecemento do Medio”


SECUNDARIA


1º ESO

Tratado dentro .do Bloque I: A terra, Continentes e Océanos (“O Sol como fonte de vida e de enerxía”), pero tamén dentro do estudio do ecúmene (os medios naturais e a importancia dos recursos enerxéticos).

2º ESO

Bloque: Poboación e Actividade Económica. “Os recursos naturais e a súa explotación”. “O petróleo base da industrialización contemporánea”.

3º ESO

Nos temas “Os espacios industriais” e “Os seres humanos e os problemas do medio ambiente”.

4º ESO

Historia: Tema da Revolución industrial (das ferrerías aos altos fornos).

Ética: O bloque “Os descubrimentos científicos e tecnolóxicos: O medio ambiente, degradación e protección”.


BACHARELATO


1º BACHARELATO

Historia do Mundo Contemporáneo. Tema sobre A Revolución industrial

2º BACHARELATO

Historia de Galicia (patrimonio arquitectónico-etnográfico): Muíños, batáns, aserradeiros, ferrerías, ...


CICLOS FORMATIVOS

Este recurso podería ser empregado como material de apoio nos ciclos formativos relacionados con enerxía eléctrica ou térmica tanto para explicacións teóricas (fundamentos da xeración enerxética con fontes renovables) como actividades prácticas (montaxe de instalacións de enerxías renovables)

Familia Profesional de Electricidade/Electrónica

Ciclos de grao superior "Instalacións Electrotécnicas", "Sistemas de regulación e control automáticos", "Desenvolvemento de Productos Electrónicos" e "Sistemas de Telecomunicación e Informáticos", : nos aspectos relacionados con cálculos de instalacións, unidades de control e compoñentes electrónicos empregados.


Ciclos de grao medio "Equipos Electrónicos de Consumo", "Equipos e instalacións electrotécnicas", nos aspectos relacionados con instalación e mantemento de equipos de enerxías renovables, especialmente os de xeración eléctrica.

Familias profesionais Fabricación Mecánica e Edificación e Obra Civil

Ten aplicación nos aspectos relacionados con construcción de equipos de enerxías renovables (paneis térmicos, aeroxeradores, etc) e coa instalación dos mesmos en edificacións.


OBXECTIVOS

1.- Profundar no coñecemento do medio, facendo especial énfase nas nocións de enerxía, equilibrio, crecemento económico, orde, cooperación, ...

2.- Adquirir unha visión histórica da evolución da actividade antrópica e a súa repercusión ambiental, especialmente ligada á obtención e xestión da enerxía.

3.-Analizalos problemas medioambientais baixo un esquema multifactorial e contextualizado, evitando interpretacións excesivamente xeneralizadoras e posicións dogmáticas.

4.-Saber desenvolver estudios medioambientais mediante a obtención, selección, tratamento e comunicación da información.

5.- Adoptar na vida cotiá actitudes coherentes coa defensa do medio ambiente.

6.-Defendela necesidade de cooperación social en relación á xestión medioambiental, no ámbito local, nacional e internacional, e adoptar unha actitude de colaboración activa.


ACTIVIDADES PROPOSTAS COS RECURSOS

1.- ELABORACIÓN DE MATERIAIS PARA A AULA

A galería de fotos presenta a oportunidade ao profesora de elabourar materiais para a aula, para a explicación do mundo enerxético presente, pasado e futuro, aportando material fotográfico preciso para a preparación de apuntes, exames, exercicios,...

Pódense combinar as imaxes con documentos históricos: artigos periodísticos, literatura , documentos históricos, ...

Como exemplo, velaí un exame con fotos de xeradores renovables e un comentario de texto sobre a transición do muiño hidráulico ó eléctrico a comenzos do século XX:

Materiais para a aula: modelo de exame en formato pdf

Materiais para a aula: comentario de texto en formato pdf

Material didáctico: cantiga, conto e refráns sobre muíños en formato pdf


2.- UNIDADE DIDÁCTICA: DAS FERRERÍAS AOS ALTOS FORNOS

Tanto no curso de 4º da ESO, como nos dous de bacharelato, trabállase o tema da “Revolución Industrial”, nos dous primeiros cursos a nivel mundial e no 2º ano do Bacharelato no marco da Península Ibérica.

É untema de grande interese, pois a través del podemos entender o que é a sociedade industrial e de consumo na que vivimos inmersos.

No rural galego quedan moitos exemplos de antigas solucións a problemas “económico-enerxéticos”, que cada vez son maís descoñecidos polos/as nosos/as alumnos/as. Está nas mans dos profesores e dos colectivos implicados no noso sistema educativo, de conservar, dar a coñecer e valorar todo ese patrimonio...

Unidade didáctica “Das Ferreirías aos Altos Fornos” en formato pdf



3.- ANIMACIÓN Á LECTURA

O PETRÓLEO E AS CONSECUENCIAS DO SEU USO NO MEDIO AMBIENTE. Proposta de lectura para tódolos niveis educativas, tomando como tema de referencia a catástrofe do Prestige. Ficha-guía de comentario para cada libro e cada alumno/a.

Actividade Animación á lectura en formato pdf


4.- CATALOGACIÓN DO PATRIMONIO ETNOGRÁFICO

Traballo de campo e investigación entre os vecinos para a catalogación de patrimonio. Partindo dos elementos rexistrados preparar fichas de control e descrición dos elementos. Recuperación das tradicións e da literatura oral. Vocabulario propio de cada lugar. Tamén sería interesante completalo cun estudio toponímico.

Descrición Actividades Patrimonio Etnográfico en formato pdf

Actividade sobre Toponimia en formato pdf

Actividade sobre Tradicións Orais en formato pdf

Actividade Catalogación muiños en formato pdf

Actividade Catalogación hórreos en formato pdf


5.- RUTA CULTURAL-SENDERISMO “AS ENERXÍAS TRADICIONAIS DOS RÍOS ZAMÁNS E MIÑOR”

1.1.- Coñecendo o “patrimonio industrial” do Val Miñor.

1.2.- Só se poderían facer con transportes ecolóxicos: bicicletas ou andando.

1.3.- Flora e fauna: os máis antigos procesadores de enerxía.

1.4.- Rota polo patrimonio etnográfico-arquitectónico de Galicia

Enlace á Actividade Ruta Sendeirismo


6.- VISITA ÁS ESCOLAS PROVAL

6.1.- Visita á “Aula de Enerxías Renovables”

http://centros.edu.xunta.es/iesescolasproval/enerxias/index.html

6.2.- As Escolas Americanas

http://centros.edu.xunta.es/iesescolasproval/gallego/informacion/historia/escola%20americana/ea-0.htm

6.3.- A Cociña solar: Chocolate/Café Solidario


Actividade Visita Escolas Proval en formato pdf

Ficha histórica Escolas Proval en formato pdf

Ficha histórica Escola Morgadáns en formato pdf

Ficha de alumnos Escolas Proval en formato pdf

Información da Revista “Vida Gallega” en formato pdf


7.- PRÁCTICAS e EXPERIMENTOS

EÓLICOS

3.1.- Montaxe da gamela (nabeira 08)

http://www.nabeira.org/mediateca/imaxes/gamelacoruxeira.pdf

3.2.- Manga de Vento

http://www.solarizate.org/pdf/gallego/laboratorio/G_manga_v.pdf

3.3.- Muíños de vento

http://www.solarizate.org/pdf/gallego/laboratorio/F_reloj_solar.pdf

http://www.solarizate.org/pdf/gallego/laboratorio/E_molino.pdf

3.4.- Motores de aire

http://www.solarizate.org/pdf/gallego/laboratorio/H_motores.pdf

SOLARES

3.3.- Forno e cociña solar

http://solarcooking.org/espanol/planos.htm

http://www.terra.org/html/s/sol/ingenio/termicos/horno.html

3.4.- Reloxios solares

http://www.solarizate.org/pdf/gallego/laboratorio/F_reloj_solar.pdf

http://www.solarizate.org/pdf/gallego/laboratorio/C_reloj.pdf

3.5.- Concentrador solar

http://www.solarizate.org/pdf/gallego/laboratorio/C_reloj.pdf

3.6.- Secadero solar

http://www.solarizate.org/pdf/gallego/laboratorio/I_secadero.pdf

VARIOS:

http://www.juntadeandalucia.es/medioambiente/contenidoExterno/Pub_aula_verde/aulaverde23/tallerer.html


BIBLIOGRAFÍA PARA O PROFESORADO


MANUAIS:

LORENZO, Eduardo: Sobre el papel de la energía en la historia. Volumen I. Electricidad Solar Fotovoltaica. PROGENSA, 2006 [ISBN: 84-95693-30-5]


RECURSOS DIDÁCTICOS:

SÁNCHEZ FERNÁNDEZ, Mercedes; POZO PÉREZ, Manuel del; CASAL PEREYRA, Luis; PÉREZ CARRERA, Francisco M.: Energía para el hombre. Colección Ciencia para todos. Ediciones Aljibe. Málaga, 2001. [ISBN: 84-9700-044-7]

{Manual con documentación básica sobre a enerxía e propostas de traballo para a aula. Interesante bibliografía}

VARIOS: 50 cosas simples que los NIÑOS pueden hacer para SALVAR LA TIERRA. Círculo de Lectores. Barcelona, 1994. Páxinas 121- 136 [ISBN: 84-226-3637-9]

{Plantexa as distintas problemáticas existentes na terra e aporta propostas do que podemos facer para salvar a terra... “USEMOS LA ENERGÍA CON INTELIGENCIA”}

VARIOS: Guía práctica da enerxía. INEGA. Xunta de Galicia. Consellería de Innovación, Industria e Comercio. A Coruña

{Guía para o aforro enerxético: o consumo doméstico; transporte; fogar; o consumo oculto; etiquetado enerxético; comunidades de propietarios; no traballo; vivendas eficientes; bricolaxe enerxético; seguridade no fagar; a liberalización enerxética; a facturación a tarifa; as enerxías renovables...}}

VARIOS: Guía práctica da enerxía solar. INEGA. Xunta de Galicia. Consellería de Innovación, Industria e Comercio. A Coruña.

{Aporta datos sobre as características da radiación solar en Galicia; as instalacións; exemplos prácticos do aproveitamento solar térmico; axudas institucionais...}

VARIOS: Exposición O Quixote e o Vento. Fundación Sotavento Galicia. Xunta de Galicia, 2005.

{Guía da exposición levada a termo en Sotavento, no 400 aniversario da publicación do Quixote. Con distintos textos da novela faise un estudo paralelo da enerxía eólica. Completa a actividade un xogo de probas entre os aeroxeneradores do parque}

VARIOS: “Papaventos con Historia” Caixanova. Parque Eólico Experimental Sotavento. Xermade (Lugo), 2007.

{Historia dos papaventos e modelos históricos: que é un papaventos?; partes do papaventos; clasificación; historia; exposición; bibliografía}]


UNIDADES DIDÁCTICAS:

MARCÉN ALVERO, Carmelo: El río vivido. Propuesta didáctica de Educación Ambiental. Materiales de Apoyo. Secundaria Obligatoria. Ministerio de Educación y Ciencia. Premio Nacional Educación y Sociedad 1993. Madrid, 1996 [ISBN: 84-369-2810-5]

{Propostas de actividades para estudar o comportamento humano, tomando como fío argumental o percorrido dun río: elementos xeográficos, vexetación, fauna, historia, aproveitamento de recursos, contaminación, ...}


Documentos Intermón Oxfam



Irak: en portada”

El petróleo: una riqueza envenenada”

¿Nos salvará Kioto?”

GARCÍA, María Camino e OUTROS: “De la farga al alto horno”. Taller de Historia. Proyecto Curricular de Ciencias Sociales. Guía Didáctica. Grupo 13-16 Proyecto Didáctico Quirón. Ediciones de la Torre. Madrid, 1990. [ISBN: 84-86587-72-7]

{Interesante Unidade Didáctica sobre a evolución no uso do carbón vexetal ao mineral; das fargas catalanas aos altos fornos e convertidor Bessemer. Toma como modelo as fábricas de Eugui e Orbaiceta}

EXPERIENCIAS PRÁCTICAS:

EMBACHER, Franz: Relojes de Sol. Teoría y construcción. Ed. Progensa (Promotora General de Estudios S.A.) Sevilla, 1992. [ISBN: 84-86505-10-0]

JIMÉNEZ SUPER; José Manuel: Ingenios Solares. Manuel práctico para la construcción de aparatos sencillos relacionados con la energía solar. Ed. Pamiela Ecología. Pamplona, 2004. 4ª Edición. [ISBN: 84-7681-309-0]

{Libro no que se poden atopar procesos constructivos de destiladores e quentadores solares de auga, cociñas solares, concentradores, xoguetes fotovoltaicos que achegan ao cidadán a enerxía solar}


AUDIOVISUAIS:

CD: “Guía Práctica da Enerxía no Fogar”. INEGA. Xunta de Galicia. Consellería de Innovación Industria e Comercio.

{Guía en formato informático e galería de imaxes das distintas fontes de enerxía}

CD: “Os Teixois, ingenio y agua”. Libro electrónico sobre o Conxunto Etnográfico de Os Teixois. Granja Escuela Ría del Eo. Autores: Antonio Martí & Carlos Martí, 2000.

{nteresante conxunto etnográfico de inxenios de auga: mazo, batán, muíño, pedra de afiar...}

CD: “Cuina solar. Cocina solar”. Fundació Terra. Barcelona.

{Proporciona información para a montaxe da cociña solar, aporta información non só técnica, senon histórica, ademais de prácticas de montaxes de útiles solares...}

DVD “La Energía”. Saber Más. La Enciclopedia Audiovisual. Didaco. Mataró (Barcelona), 2006

{Vídeo que tenta respostar as cuestións: Que é a enerxía? Que é a enerxía nuclear? Que é a luz?}

DVD “Prestige. Desastre en la Costa de la Muerte” dirixido por José Ángel Montiel. Discovery Channel. Barcelona, 2004

{Documental sobre o afundimento e o desastre natural acontecido a 50 km. da costa galega, cando un vello petroleiro quedou fóra de control e provocou un grave desastre ecolóxico nas costas galegas e nos fondos mariños}

DVD “Una verdad incómoda” Una advertencia mundial. Documental presentado por Al Gore. Ed. Paramount Classics, 2006

[Documental sobre o quecemento global da terra e a necesidade de actuar e salvar a terra]

DVD “Who Killed The Electric Car? A lack of consumer confidence... or conspiracy?” (Quen asasinou ao coche eléctrico? Documental de Chris Paine. Ed. Sony Pictures Classics [ISBN: 1-4248-1954-7]

{ O coche eléctrico ameazaba o status quo. A súa morte aseméllase ao asasinato de Agatha Christie na súa novela «Asesinato no Orient Express»: múltiples sospeitosos. Nel se entrevista e investiga a fabricantes de automóbiles, lexisladores, inxenieros, consumidores e defensores dos coches dende Os Ángeles ata Detroit para por xuntas tódalas pezas deste complexo quebracabezas}


REVISTAS ESPECIALIZADAS:

ERA SOLAR. ENERGÍA FOTOTÉRMICA & FOTOVOLTAICA (www.erasolar.es)


INTERNET:

http://europa.eu.int/comm/environment

Servidor da Comisión Europea, e acceso ao DG Medio Ambiente, con publicacións gratuitas sobre o medio ambiente.

http://www.inega.es/Instituto_Enerx_tico_de_Galicia.htm

Páxina do Instituto Enerxético de Galicia que amosa información sobre a situación enerxética de Galicia, plans de formación, actividades de difusión, campañas...

http://www.sotaventogalicia.com//index.php

Páxina da Fundación Sotavento Galicia, que promove dende o seu Parque eólico experimental actitudes de aforro e eficiencia enerxética. Ademais da visita ao parque posúe un interesante conxunto de recursos educativos, dispoñibles de xeito gratuito, entre eles unha unidade didáctica sobre “Enerxías renovables e tradición” para ESO.

http://www.greenpeace.org/espana/r-evoluci-n-renovable/

Páxina da organización Greenpeace na que propón distintas campañas de sensibilización sobre o cambio climático, baixo o título “Revolución Renovable”.

http://www.terra.org/

Organización que presenta ampla documentación e propostas para unha ecoloxía práctica: inventos, documentación, congresos, tenda de inxenios, etc.

http://www.terra.org/pub/almacensol.php?c=2&s=13

Propón a construcción de inxenios: con renovables (pendura un botixo pola terra, cisterna consciente, anemómetro) ou con auga (ariete hidráulico)

http://www.solarizate.org/

Web para aprender a utilizar a enerxía solar. Rercursos para profesores, fichas para alumnos; laboratorio, ...

http://solarcooking.org/espanol/minspan.htm

Información para fabricar unha doaca cociña solar feita con materiais que calquera ten na súa casa.

http://www.windpower.org/es/kids/index.htm

Curso sobre o poder do vento e a enerxía eólica. Inclúe información para actividades prácticas e guía do profesor: aeroxeneradores, viraventos,... Autor: Windpower. 2003

http://www.infoeolica.com/

Listado por comunidades dos parques eólicos, actualizados ata 2004, podendo traballar os datos sobre mapas.

http://www.mazonovo.es/

Páxina do museo situado nas proximidades de Taramundi, moi sinxela, pero cunha unidade didáctica interesante sobre os muíños hidráulicos.

http://www.sonyclassics.com/whokilledtheelectriccar/electric.html

Ampla documentación sobre a evolución histórica dos motores eléctricos e a súa aplicación aos autos... (Interesante liña do tempo con boa documentación fotográfica)

http://www.canalciencia.com/prestige/1.htm

Unidade Didáctica sobre a catástrofe do Prestige con interesantes enlaces: comentarios de texto (prensa), actividades con mapas, etc.

http://www.consumoresponsable.com/guias/Energia.html

Unidade Didáctica: “ENERGÍA. La energía mueve el mundo. El ser humano y la energía”.


BIBLIOGRAFÍA PARA O ALUMNADO


RECURSOS DIDÁCTICOS:

VARIOS: Guía pedagóxica para os alumnos. SOGAMA Sociedade Galega do Medioambiente

[Infomación e actividades sobre reciclaxe e sobre aproveitamento enerxético]

VARIOS: O Petróleo. Unidade Didáctica. Primeras Noticias Información didáctica.

http://www.educared.net/educared/visualizacion/htm/primerasnoticias/uni/petro/upr1.htm


RECURSOS AUDIOVISUAIS:

As enerxías renovables. O futuro nas túas mans. INEGA. Xunta de Galicia.Consellería de Innovación, Industria e Comercio, 2004.

[Aplicación multimedia interactiva nun xogo que pretende educar, divertir e informar sobre as actitudes que debemos ter ante as enerxías renovables] [Dep. leg.: C-2657-04]

XOGOS DIDÁCTICOS:

Proxecto Imaginarium Biohábitat: Liña de productos coa finalidade de educar na importancia do aforro enerxético: (enerxía mecánica, enerxía solar, enerxía eólica, acumulador, lanterna sen pilas, papel usado que volve a ser útil, a semilla da froito, ...

150 Exciting Experiments in Solar Power. Caixa de experimentos de Powertech sobre enerxía solar, conservación da enerxía, transformación de enerxía solar en electricidade. Materiais: Celula solar, Galvanómetro, Motor, Forno Solar, Termómetro, ... [Recomedable para nenos maiores de 10 anos]

Solar Kit: Grasshopper e Racing Car. Kits activados por enerxía solar (grilo e coche) de pequeno tamaño e doada montaxe.