RUTA DE SENDERISMO: “Nas ribeiras dos ríos Zamáns e Miñor”
|
|
OBXECTIVO XERAL: Realizar unha práctica interdisciplinar dende os departamentos de Xeografía e Historia e Educación Física, consistente no desenvolvemento dunha marcha de senderismo na comarca do Val Miñor, aproveitando para coñecer características do relevo, da flora e fauna e o noso patrimonio histórico-cultural, tendo como fío argumental o aproveitamento enerxético dos nosos antepasados. |
|
OBXECTIVOS:
O DEPARTAMENTO DE EDUCACIÓN FÍSICA pretende: 1.- Incidir na condición física (resistencia) a través do senderismo. 2.- Disfrutar dunha actividade física fóra do espazo educativo. 3.- Coñecer o material (equipamento) axeitado para este tipo de actividades. 4.- Coñecelas normas mínimas de seguridade a ter en conta. 5.- Realizar xogos na natureza. 6.- Respectalo medio natural. |
O DEPARTAMENTO DE XEOGRAFÍA E HISTORIA pretende: 7.- Destacala importancia do coñecemento da Toponimia, grazas á que podemos recoñecer características presentes ou pasadas do relevo do noso contorno. 8.- Coñecer o noso contorno, dende a experiencia e analizar, sobre o terreo, os distintos accidentes xeográficos. 9.- Valorar o noso patrimonio etnográfico-arqueolóxico e a súas técnicas constructivas, recoñecendo a clara visión dos nosos ancestros para un óptimo “aproveitamento enerxético” acorde co medio natural no que están inmersas as construccións. |
DESCRICIÓN DA ACTIVIDADE: A saída podería adaptarse a tódolos niveis educativos, tanto de primaria, coma de secundaria, tan só sería preciso adaptalos percorridos as diversas idades e os contidos a traballar. En principio, a nosa proposta estará diseñada para alumn@s de 3º e 4º ESO, durante o terceiro trimestre do curso. Nela poderiamos distinguir dúas fases (Preparación previa e a propia saída): 1ª/ Traballo previo na aula, para preparación de contidos. 2ª/ Unha sesión previa de orientación sobre cal vai ser o percorrido e como debemos afrontalo: comida, calzado e material preciso para as distintas actividades. 3ª/ A saída propiamente dita. Realizarase no horario normal dunha mañá na aula (aínda que depende da ubicación do centro de referencia dos alumn@s), dando normas de comportamento necesarias para a actividade ,así coma algunhas recomendacións sobre a respiración, a comida, etc... Esta saída podería ser organizado para unha mañá ou para un día completo: UNHA MAÑÁ: Unha ruta de senderismo dende O “Muíño do Médico” (Vilaza) ata o Pazo da Escola (Mañufe) O DÍA ENTEIRO: Engadíndolle á actividade da mañá a comida e a visita a AULA de ENERXÍAS RENOVABLES e o EDIFICIO DAS ESCOLAS PROVAL (Nigrán) |
|
ITINERARIO:
1.- SAÍDA DO IES cara á parroquia de VILAZA (Gondomar) nas coordenadas xeográficas: No punto de partida @s alumn@s poderán analizar a tipoloxía dos hórreos (Foto 1 e 2) e dos muíños no concello de Gondomar. |
|||||||
2.- Descenso pola marxe esquerda do río Zamáns cara ao núcleo de Gondomar (Fotos 3 e 4).
|
|||||||
3.- Chegando ao núcleo de Gondomar, nas proximidades da estrada que circunvala o centro urbán, atopamolo barrio de BRAVO. Alí podemos observar: unha presa de auga para abastecemento dos muíños, un antigo pasal (VISITA 5) e o acueducto de Bravo (VISITA 6), hoxe fóra de servizo, pero que abastecía a antiga casa grande de Baludío (nas proximidades das Escolas Proval (meta da ruta). |
|||||||
|
|
||||||
Se o tempo acompaña, aproveitaremos para facer neste punto unha parada, pois neste punto obsérvase unha zona de herba apta para o descanso d@s rapaces/rapazas, lonxe da estrada e de posibles perigos. O río soe levar pouca auga e podemos traballar diversos elementos do relevo. |
|||||||
4.- Tras descansar brevemente, camiñaremos cara ao núcleo de Gondomar, tirando á esquerda pola rúa Elduayen, cara ao cruce coa rúa Ángel Urzaiz, onde poderemos analizala arquitectura urbana e os aproveitamentos enerxéticos dos nosos antepasados: as galerías acristaladas. Coma exemplo podemos ver a Casa Simeón (VISITA 7) |
|||||||
Neste punto debemos ter moito coidado cos rapaces, pois tras abandoar o río Zamáns, precisamos adentrarnos nas rúas do núcleo urbán de Gondomar, co conseguinte perigo polo constante tráfico dos días laborables. Dende aquí poderíamos facer doble ruta: |
|||||||
5.1.- PARA OS MAiORES: Descendemos o tramo percorrido da rúa Elduayen (uns 100 m.) e desviámonos pola estrada que sube, á man dereita, cara á parroquia de Vilaza, nunha estrada ascendente, tras percorrer uns 2 Km atopamos á man esquerda, un dos pazos máis senlleiros do Val Miñor: O PAZO DE VILARÉS ou PAZO DE LA FUENTE (VISITA 8) con fermosas galerías. |
|||||||
5.2.- PARA OS PEQUENOS: (Primaria e 1º e 2º da ESO): En lugar de retroceder na rúa Elduayen, continuarían pola rúa Urzaiz, cara ao edificio do concello de Gondomar e iniciarían alí o paseo polo río Miñor, cara ao concello de Mañufe. |
|||||||
6.- Nesta ruta os rapaces poderían visitar o cruceiro do Acordo (VISITA 9) (estrada Gondomar-Ramallosa), unha antiga ponte (VISITA 10), e a igrexa parroquial de Mañufe (VISITA 11). |
|||||||
Tanto no caso dos rapaces/rapazas maiores, como nos cativos coincidirían neste punto. Os de bacharelato ou a ESO, trala visita ao pazo de Vilarés, baixarían pola Pousa e Pazo de Fontán, polos camiños que atravesan tralos institutos de Gondomar e chegarían xusto na fronte do Cruceiro do Acordo, unindo ambas rutas. |
|||||||
7.- Logo de visitala parroquial visitaríase o PAZO DA ESCOLA (VISITA 12), recentemente restaurado e transformado en Hotel-Restaurante, un edificio que non cumple a célebre frase sobre “Torre, pombal e ciprés, pazo é” pois carece de capela, ao estar a igrexa parroquial de Mañufe, fronte por fronte do edificio pacego. |
|||||||
8.- Dende aquí, voltaría á estrada Gondomar-Ramallosa, e xusto onde remata este concello e iníciase o de Nigrán, na beira esquerda da estrada, atopamos un gran recinto escolar, trátase do IES ESCOLAS PROVAL (VISITA 13), fermosa construcción das coñecidas como “Escolas Americanas”. |
|||||||
A camiñata remataría aquí, iniciándose neste punto una nova visita á AULA DE ENERXÍAS RENOVABLES de que dispón o centro, pero que é motivo doutra actividade. |
RECURSOS:
HUMANOS: |
Profesores: 1 por cada 20 alumn@s. |
||
|
Conductor do autobús |
||
MATERIAIS:
|
Botiquín, como mínimo debe levar: |
Gasas esterilizadas. |
|
Vendas |
|||
Algodón |
|||
Tiritas |
|||
Esparadrapo |
|||
Auga osixenada |
|||
Antiséptico |
|||
Tixeiras |
|||
Material refrixerante |
|||
Aspirinas. |
|||
Teléfono móvil |
|||
Mapa da zona |
|||
Libro de rutas das zona |
|||
Autobús |
|||
Material para a realización de xogos: |
Balóns |
||
Cordas |
|||
Papel e bolígrafo |
|||
Cámara de fotos |
|||
OUTROS: |
Autorización paterna/materna/titor-a (a entregar previamente á saída) |
||
Importe do transporte (a pagar con anterioridade á saída) |
|||
Solicitude de permisos á autoridade competente. |
|||
Os alumn@s deberán levar: |
Calzado cómodo |
||
Mochila con comida e auga |
|||
Materiais solicitados polos profesores. |
PROPOSTAS DE ACTIVIDADES PARA OS/AS ALUMNOS/AS: |
|
Sería interesante organizar distintos grupos de traballo, se o número de alumnos/as é elevado. Cada grupo adicaríase a un bloque temático da visita: |
|
1.- Catalogación mediante fichas do patrimonio visitado (tal como se propoñen na actividade de Patrimonio etnográfico) |
|
2.- Recollida de prantas para a elaboración dun herbario. |
|
3.- Fotografiado de todo o percorrido para logo realizar na aula un gran mural co trazado realizado, elementos visitados e información dos mesmos. |
|
4.- Valoración da actividade, tanto por parte do profesorado coma do alumnado. |
|