ENERXÍAS RENOVABLES TRADICIONAIS


APROVEITAMENTOS TRADICIONAIS DAS ENERXÍAS RENOVABLES


MUIÑOS HIDRÁULICOS


MUIÑOS DE VENTO

MUIÑOS DE MAREA



SALINAS



NAVEGACIÓN A VELA





ARQUITECTURA BIOCLIMÁTICA TRADICIONAL CIVIL





ARQUITECTURA BIOCLIMÁTICA TRADICIONAL RURAL



ARQUITECTURA BIOCLIMÁTICA TRADICIONAL URBANA







ENERXÍAS RENOVABLES TRADICIONAIS

A humanidade usa enerxías renovables dende sempre, por iso tamén se lles pode chamar enerxías tradicionais

As fontes de enerxía tradicional poden clasificarse en catro grupos: SOL, VENTO, AUGA e PRANTAS. Todas elas están relacionadas co SOL:

1) a enerxía do vento (EÓLICA) prodúcese pola diferencia de quecemento solar entre diferentes zonas (mar-terra), o aire quente ascende e o dos arredores desprázase para cubrir o baleiro.

2) a enerxía do auga (HIDRÁULICA) procede da auga evaporada polo sol cando volve a depositarse na terra a unha altura maior, o que da lugar á choiva, ríos, lagos.

3) a enerxía das prantas (BIOMASA) procede do almacenamento de enerxía solar en forma de reaccións químicas que producen materiais orgánicos (madeira, aceites vexetais, zucres) que poden utilizarse como combustibles.

FOTO SUPERIOR: SOLPOR NAS ILLAS CÍES (VIGO)

FOTO INFERIOR: FOZ DO MIÑOR (BAIONA)

ENERXÍA SOLAR NAS PRANTAS

As prantas son os captadores solares perfectos:

- captan enerxía solar todo o día inda que estea nubrado

- funcionan todo o ano, con pouca ou moita radiación

- adáptanse ós cambios de estación reducindo a súa actividade

- almacenan a enerxía en forma química

A enerxía solar almacenada nas prantas pódese usar de dúas formas:

1) PRODUCCIÓN DE ALIMENTOS: Moitas prantes empréganse como alimentos, pódese decir que “comemos enerxía solar”. A aparición da agricultura é o primeiro caso de aproveitamento sistemático da enerxía solar polo home.

2) BIOCOMBUSTIBLES: Algunhas prantas producen sustancias que serviron tradicionalmente de combustibles, como a madeira e os aceites.

FOTOS: VIÑEDOS NA RIBEIRA DO SIL (OURENSE)

ENERXÍA SOLAR NOS ANIMAIS

Os animais tamén empregan enerxía solar:

- os animais de sangue fría a precisan para a súa actividade

- os animais de sangue quente a utilizan para reducir o seu gasto

enerxético no mantemento da temperatura corporal.

- a hibernación prodúcese pola falta de enerxía solar luminosa e térmica



FOTO: LAGARTO “CAPTANDO” ENERXÍA SOLAR


OUTROS USOS DA ENERXÍA SOLAR

- A enerxía solar tamén proporciona aplicacións curiosas como a medida do tempo mediante reloxos solares



FOTO: RELOXO SOLAR NA PARROQUIA DE DONAS (GONDOMAR)




ENERXÍA SOLAR NAS CORRENTES SUPERFICIAIS DE AUGA

- As correntes de auga son unha importante fornte de enerxía de orixe solar, que se almacena en forma de enerxía potencial cando o vapor de auga do mar ascende e forma nubes.

- Esta enerxía devólvese cando a auga cae en forma de choiva ou neve e descende de novo cara ó mar formando os ríos, e parte dela pode aproveitarse para moer, producir electricidade nos encoros ou como medio de transporte.

- As canalizacións de regadío son un claro exemplo de aproveitamento humano da enerxía potencial da auga para o seu desprazamento e distribución a longas distancias.

FOTO SUPERIOR: PASAL SOBRE O RÍO ZAMÁNS EN GONDOMAR

FOTO INFERIOR: ACUEDUCTO DE BRAVO (GONDOMAR)

ENERXÍA SOLAR NO MAR

O mar tamén capta enerxía solar:

- producindo vapor de auga (nubes).

- almacenando enerxía térmica que devolve pola noite (serve como regulador térmico).

- cando se acumula moita enerxia poden producirse furacáns e tifóns.

FOTO: ESTEIRO DO RÍO MIÑOR (NIGRÁN)



MUIÑOS HIDRÁULICOS

A forza da caída da auga empregábase tradicionalmente nos muíños hidráulicos para moer millo, trigo ou centeo. Tamén nos batáns para a confección de tecidos, e nas ferreirías para traballar os metais.



FOTO SUPERIOR: INTERIOR DE MUIÑO DO FOXO EN BEADE (VIGO)







FOTO INFERIOR: MUIÑO DE NANDE (MAÑUFE, GONDOMAR)




MUIÑOS HIDRÁULICOS

Os muíños aproveitan preferentemente as zonas de maior desnivel dos ríos, chegando a formar grandes complexos como o do Folón (O Rosal).



FOTO SUPERIOR: MUIÑOS DA SERRA (PEITIEIROS, GONDOMAR)









FOTO INFERIOR: COMPLEXO DE MUIÑOS DE CORUXO (VIGO)



MUIÑOS HIDRÁULICOS

- En lugares de menor desnivel os muiños acadan a altura de columna de auga que precisan mediante canalizacións que poden chegar a ser moi longas, como en Chandebrito ou neste muíño de Lores (Meaño).



FOTO: MUIÑO EN LORES (MEAÑO)



MUIÑOS HIDRÁULICOS

- Outros tipos de muíños dedicábanse á forxa, como a Ferreiría de Bogo ou o complexo de Os Teixois (Taramundi, Asturias).



FOTO SUPERIOR: FERREIRÍA DE BOGO (A PONTENOVA, LUGO)







FOTO INFERIOR: INTERIOR E MAZO DA FERREIRÍA DE BOGO



MUIÑOS HIDRÁULICOS

- Coa chegada da electricidade algúns muíños tradicionais convertéronse en centrais hidroeléctricas, acadando deste xeito unha segunda vida útil. Moitos deles seguiron en funcionamento en lugares afastados ata hai poucos anos, cando as grandes compañías eléctricas os fixeron desaparecer.



FOTO SUPERIOR: MUÍÑO DO BURATO (ALLARIZ, OURENSE)







FOTO INFERIOR: ALTERNADOR DA FERREIRÍA DE BOGO (A PONTENOVA, LUGO)


MUIÑOS DE VENTO

A forza do vento empregábase tradicionalmente para bombeo de auga (caso de Holanda), pero tamén para moer cereais. Existen restos de muíños de vento por toda a costa atlántica galega.



FOTO: RUINAS DO MUÍÑO DE VENTO DE NAVIA (VIGO)




MUIÑOS DE VENTO

- Algúns muíños de vento restauráronse recentemente, como os de Catoira ou Valga. Estes muíños teñen a particularidade de que non permiten a orientación do eixo, o que non era necesario porque a dirección predominante do vento era sempre a mesma.



FOTOS: MUÍÑO DE VENTO DE BEIRO (VALGA)

MUIÑOS DE VENTO

- Nesta imaxe pode apreciarse o aspecto do mecanismo do muíño de vento de Beiro, coa orientación fixa do eixo e as aspas tamén de paso fixo, o que non permitía regular fácilmente a velocidade.





FOTO: MUÍÑO DE VENTO DE BEIRO (VALGA)

MUIÑOS DE VENTO

Os muíños de vento extendéronse por toda a costa atlántica europea e acadaron diferentes usos, para bombeo de auga ou para moer.





FOTO: MUÍÑO DE VENTO NA BAIE DE MONT-SANT-MICHEL (BRETAÑA, FRANCIA)




MUIÑOS DE MAREA

Outro tipo de muíños aproveitan a enerxía das mareas, almacenando auga de mar coas mareas altas e utilizando esta auga para moer coas mareas baixas. Na costa galega hai exemplos deste tipo en Vilaboa (Saiñas do Ulló), Catoira, Cambados (Muiño da Seca), Illa de Arousa (Muiño das Aceñas) ou Muros, entre outros.





FOTOS: MUÍÑO DA SECA (CAMBADOS, PONTEVEDRA)






MUIÑOS DE MAREA

- Nestas imaxes poden apreciarse os diques de contención do muíño de marea. As comportas poden estar deseñadas para pechar só con marea baixa ou tanto con marea alta como baixa, neste caso o muíño podería moer nos dous sentidos.





FOTOS: DIQUES DO MUÍÑO DA SECA (CAMBADOS, PONTEVEDRA)



MUIÑOS DE MAREA

- O Muíño das Aceñas (Illa de Arousa) mantivo a súa actividade ata os anos 70 do século pasado, demostrando que a rendibilidade económica é un criterio moi relativo e non sempre o máis importante. Neste caso, a insularidade servíu tamén como factor de conservación do patrimonio.





FOTOS: MUÍÑO DAS ACEÑAS (ILLA DE AROUSA, PONTEVEDRA)

MUIÑOS DE MAREA



- Detalle do Muíño das Aceñas que amosa o seu estado de abandono actual.





FOTO: MUÍÑO DAS ACEÑAS (ILLA DE AROUSA, PONTEVEDRA)

MUIÑOS DE MAREA

- Igual que sucede cos muíños de vento, os de marea espalláronse por toda a costa atlántica europea, especialmente nas zonas de maior diferencia de nivel entre a baixa e preamar como a Bretaña francesa.



FOTO: MUÍÑO DE TRÈGASTEL (BRETAÑA, FRANCIA)


SALINAS

- A evaporación de auga do mar mediante enerxía solar aprovéitase para a producción de sal en zonas costeiras (salinas).

- O auga queda almacenada nun encoro coa marea alta ata que se evapora, deixando o sal no fondo.



FOTO SUPERIOR: SALINAS NA XUNQUEIRA DO RÍO LAGARES (VIGO)







FOTO INFERIOR: A MESMA ZONA CON MAREA BAIXA


SALINAS

- Para a construcción dunha salina é preciso facer un encoro parecido ós dos muiños de marea. Neste caso a altura necesaria dos muros é pequena, xa que o importante é dispoñer dunha grande extensión para a evaporación da auga.



FOTO: MUROS DO ENCORO NA XUNQUEIRA DO LAGARES (VIGO)


NAVEGACIÓN A VELA

Durante moitos séculos a forza do vento foi a principal fonte de propulsión dos barcos, ata que foi desprazada polos motores alimentados con enerxías fósiles (carbón e petróleo).



FOTO: GAMELA TRADICIONAL EN BOUZAS (VIGO)

NAVEGACIÓN A VELA



- Outro exemplo de embarcación tradicional galega, neste caso unha dorna.





FOTO: DORNA EN BOUZAS (VIGO)

NAVEGACIÓN A VELA



- Outra dorna na exposición itinerante “Patrimonio do vento e do sal” presentada en maio de 2007 en Bouzas (Vigo).





FOTO: DORNA EN BOUZAS (VIGO)

ARQUITECTURA BIOCLIMÁTICA

A construcción tradicional das casas facíase pensando no sol, para aproveitar a luz e o calor no inverno ou defenderse del no verán. Deste xeito necesitábase pouca enerxía para a iluminación, calefacción e refrixeración.



FOTO: GALERÍAS EN BAIONA (PONTEVEDRA)






ARQUITECTURA BIOCLIMÁTICA

- Outros exemplos de galerías acristaladas nas vivendas



FOTO SUPERIOR: GALERÍA NA RÚA ELDUAYEN (GONDOMAR)









FOTO INFERIOR: GALERÍA NA RÚA EDUARDO IGLESIAS (GONDOMAR)




ARQUITECTURA BIOCLIMÁTICA

Os pazos son en moitos casos bos exemplos de deseño bioclimático, como o Pazo de Vilarés (Gondomar), que ten orientación este-oeste, fachada principal con galerías ou solainas no lado sur, muros grosos de pedra, poucas aberturas cara ó norte, situación nun lugar alto, ben soleado e protexido dos ventos do norte por unha barreira vexetal. A lixeira pendente do terreo evita a acumulación de auga. As características da ubicación tamén son axeitadas para a producción agrícola, como se pode comprobar na foto.

FOTO SUPERIOR : PAZO DE VILARÉS (VILAZA, GONDOMAR)







FOTO INFERIOR: POUSA DE FONTÁN (VILARIÑO, GONDOMAR)



ARQUITECTURA BIOCLIMÁTICA

- Estes outros pazos están situados no lado norte do val, recibindo a radiación solar durante toda a xornada e protexidos dos ventos polos montes próximos.



FOTO SUPERIOR: PAZO DE CADAVAL (CAMOS, NIGRÁN)







FOTO INFERIOR: PAZO DA TOUZA (CAMOS, NIGRÁN)

ARQUITECTURA BIOCLIMÁTICA

- Neste pazo pode apreciarse a galería orientada cara ó sur e formando un ángulo que protexe o patio do vento do norte.



FOTO: PAZO DE MENDOZA (MAÑUFE, GONDOMAR)

ARQUITECTURA BIOCLIMÁTICA

- A comenzos do século XX todavía se observan os mesmos criterios bioclimáticos na construcción (fachada principal cara ó sur, protexido dos ventos do norte, grandes ventás para captar luz), como neste edificio destinado a escola en Nigrán.



FOTO: EDIFICIO DAS ESCOLAS PROVAL (NIGRÁN)



ARQUITECTURA BIOCLIMÁTICA

- Un caso claro de aproveitamento bioclimático dentro da arquitectura rural tradicional son os hórreos, que utilizan a enerxía solar e a ventilación natural para almacenamento e conservación de productos agrícolas sen aporte de enerxía externa para refrixeración ou secado



FOTO SUPERIOR: HÓRREO EN LORES (MEAÑO)





FOTO INFERIOR: HÓRREOS EN MORGADÁNS (GONDOMAR)

ARQUITECTURA BIOCLIMÁTICA

- Os alpendres son outro caso de arquitectura tradicional con criterios bioclimáticos.



FOTO: ALPENDRE EN MORGADÁNS (GONDOMAR)