ENERXÍAS RENOVABLES DO FUTURO


IMPACTO ECOLÓXICO DAS ENERXÍAS NON RENOVABLES


AVANCES EN ENERXÍA SOLAR E EÓLICA



NOVOS MEDIOS DE TRANSPORTE



OUTROS APROVEITAMENTOS



NOVAS TECNOLOXÍAS DE ALMACENAMENTO







O SÉCULO NEGRO: CEN ANOS DE PARÉNTESE DAS ENERXÍAS RENOVABLES

- Os últimos 100 anos da nosa historia están absolutamente dominados polo petróleo, tanto como fonte enerxética como de materiais (plásticos).

– Non sempre foi así, as fontes de enerxía dominantes durante séculos foron as renovables, ata o comenzo da revolución industrial no século XVIII.

- A era do petróleo finalizará a mediados do século XXI. Hai que buscar alternativas.

- É o momento de pechar este longo paréntese das enerxías renovables e recuperalas para garantir o futuro do noso planeta sen renunciar ó noso desenvolvemento tecnolóxico.



FOTO: Refinería de petróleo en Bilbao (VIZCAYA)

REVOLUCIÓN INDUSTRIAL E REVOLUCIÓN ENERXÉTICA

- A revolución industrial do século XVIII supón un aumento da demanda enerxética. As fontes renovables da época non eran capaces de cubrir esa demanda, polo que comenza a súa sustitución por fontes non renovables (carbón).

- O carbón emprégase nas máquinas de vapor das fábricas, nos ferrocarrís e ó longo do século XIX acaba coa navegación a vela, que tamén era unha enerxía renovable.

- Desde comenzos do século XX o petróleo sustitúe ó carbón e impónse nos medios de transporte, eliminando os vehículos tradicionais: barcos de vela, vehículos de tracción animal, incluso as bicicletas e os desprazamentos a pé. A aviación o usa desde o primeiro momento.

- Ó longo do século XX o petróleo domina totalmente como fonte de enerxía, pero ó mesmo tempo xa comeza a detectarse o seu esgotamento.

FOTO: Central térmica de As Pontes (A CORUÑA)

O CUSTO REAL DOS COMBUSTIBLES FÓSILES

- O uso masivo do petróleo como fonte de enerxía imponse por motivos económicos, aparentemente era máis barato usar petróleo que as outras fontes de enerxía xa existentes.

- Non se tiñan en conta outros costes que tamén son reais, e que temos que pagar entre todos:

- a contaminacion atmosférica

- a destruccion da natureza e o patrimonio

- a ruptura na transmisión do saber tradicional

- o expolio dos recursos dos países productores

Hoxe sabemos que o uso de petróleo supón un ataque sen precedentes á ecoloxía do planeta, que temos que correxir antes de que as súas consecuencias sexan irreversibles:

- aumento do efecto invernadoiro polo CO2

- contribúe á destrucción da capa de ozono

- contaminación por verquidos e residuos

FOTO: Explotación de carbón en As Pontes (A CORUÑA)

O FUTURO SERÁ SEN PETRÓLEO

- A era do petróleo rematará a mediados deste século

- Neste momento xa non hai suficiente petróleo para cubrir tódalas necesidades dos países industrializados

- A escaseza de petróleo está a provocar tensións mundiais e guerras de conquista

- O aumento de prezo dos combustibles frea o desenvolvemento en todo o mundo, pero aféctalles especialmente ós países pobres

- Algúns países como Suecia xa teñen o obxectivo de rematar co uso do petróleo en 2020

- A Unión Europea pretende chegar ó 20% de enerxías renovables nesa data

- O Protocolo de Kyoto pretende reducir a contaminación mundial e e emisión de gases á atmósfera

- Galicia pretende cubrir o 95% do consumo eléctrico con enerxías renovables en 2012

FOTO: Contaminación atmosférica en Bilbao (VIZCAYA)



APROVEITAMENTO MODERNO DAS ENERXÍAS RENOVABLES

A tecnoloxía moderna permite desenvolver moitas formas de aproveitamento das enerxías renovables:

- Solar térmica (baixa, media ou alta temperatura)

- Solar fotovoltaica (aillada ou conectada á rede)

- Eólica (terrestre ou mariña)

- Hidráulica (encoros, minicentrais)

- Maremotriz

- Ondas mariñas

- Xeotérmica

- Biomasa (forestal, biocombustibles)

- Hidróxeno (combustible, pilas de combustible, fusión)

- Biogás

FOTO SUPERIOR: Central mareomotriz de Rance (FRANCIA)

FOTO INFERIOR: Aeroxerador en Sotavento (A CORUÑA)

CENTRAIS SOLARES FOTOVOLTAICAS

- A tecnoloxía solar fotovoltaica xa permite a realización de grandes instalacións conectadas á rede, que fan a mesma función que as centrais eléctricas convencionais. Moitas teñen o seu orixe na iniciativa de particulares ou colectivos, recibindo o nome de “granxas solares”.

- O custo deste tipo de instalacións todavía é elevado, pero nalgúns casos son a única fonte de suministro posible en zonas illadas ou con mala calidade de suministro eléctrico.

- As instalacións fotovoltaicas poden funcionar durante moitos anos cunha elevada fiabilidade e un mantemento moi simple.

- A medida que se vaian abaratando e aumenten o seu rendemento iremos vendo cada vez máis instalacións deste tipo, que ademáis teñen a vantaxe de que a producción de enerxía está máis próxima ó usuario, polo que contribúen a evitar os cortes de suministro típicos das redes con centrais grandes.

FOTO SUPERIOR: instalación fotovoltaica do Fórum (BARCELONA)

FOTO INFERIOR: instalación en construcción na provincia de Valladolid.

AVANCES EN ENERXÍA SOLAR FOTOVOLTAICA

- Os modernos paneis fotovoltaicos xurdiron da necesidade de suministro enerxético para as viaxes espaciais.

- Os sistemas fotovoltaicos están en constante proceso de mellora, con avances no seu rendemento e materiais empregados.

- Un método moi común de aumentar o rendemento consiste en instalar sistemas de seguemento solar, que manteñen os paneis no ángulo máis axeitado en cada momento do dia.

- A investigación neste campo pode mellorar moito os resultados e custo deste tipo de enerxía.



FOTO SUPERIOR: sistema solar con orientación no plano horizontal no Parque de las Ciencias (Granada)

FOTO INFERIOR: paneis fotovoltaicos de silicio amorfo no parque de Sotavento (A Coruña)


AVANCES EN ENERXÍA SOLAR TÉRMICA

- A enerxía solar térmica tamén está en constante evolución, con novos sistemas de captación e almacenamento e incluso permiten a producción de frío en instalacións de climatización.

- Os captadores planos son os máis empregados, pero existen outros como os de tubos de baleiro cunhas propiedades moito mellores, sendo capaces de captar enerxía incluso con temperaturas exteriores baixo cero.

- Os sistemas de climatización (calor ou frío) están todavía en fase experimental pero é probable que en poucos anos sexan de uso común. Estes sistemas poden acadar un grande aforro enerxético, xa que o máximo consumo dos equipos de climatización coincide co máximo aporte de enerxía solar.



FOTO: tubos de baleiro empregados en captadores de última xeración en Beade (Vigo)

AVANCES EN ENERXÍA EÓLICA

- A enerxía eólica e, xunto á hidroeléctrica, a que está máis madura tecnolóxicamente e permite a súa explotación comercial a gran escala.

- Isto débese a que no seu desenvolvemento aproveitou a experiencia existente no campo da navegación e da aviación.

- Tamén se prantexa a posibilidade de instalar centrais mariñas próximas á costa.

- A enerxía eólica ten o problema da dificultade de coñecer con antelación a potencia xerada para planificar o suministro, o que podería solucionarse mediante sistemas de almacenamento.

- Tamén ten o problema do seu elevado impacto paisaxístico, o que pode reducirse mediante o emprego de novos modelos de aeroxeradores de maior tamaño e potencia.



FOTO SUPERIOR: aeroxeradores na serra Faladoira (A Coruña)

FOTO INFERIOR: aeroxeradores no parque de Sotavento

PILAS DE COMBUSTIBLE

O uso máis común dos combustibles é a xeración de calor mediante unha reacción química co osíxeno. A enerxía térmica resultante pode empregarse para producir electricidade.

Unha PILA DE COMBUSTIBLE é un elemento que consigue obter electricidade directamente a partir da reacción química do combustible (e algo de calor residual).

Sirve para alimentar todo tipo de dispositivos eléctricos e electrónicos.

No futuro próximo teremos vehículos eléctricos que funcionen con pilas de combustible, pero tamén ordenadores e incluso teléfonos móviles. Mediante esta tecnoloxía as vivendas poderían ter ó mesmo tempo electricidade e calor.

Se o combustible se produce mediante enerxías renovables (como o caso do hidróxeno mediante electrólise solar) podería garantirse unha producción enerxética renovable e sostible.

FOTOS: Electrolizador, pila de combustible e vehículo de xoguete a metanol no parque de Sotavento (A Coruña)




VEHÍCULOS ELÉCTRICOS

- Os vehículos eléctricos son desde hai tempo unha alternativa real ós de motor de combustión interna, pero os intereses industriais e comerciais frenan o seu desenvolvemento.

- Os vehículos totalmente eléctricos están formados por un conxunto de baterías para almacenar a enerxía, unha unidade de control e un motor eléctrico.

- Son moi silenciosos e non producen ningún tipo de gas de escape, polo que o seu uso non é contaminante.

- Tamén existen vehículos eléctricos experimentais de pila de combustible de hidróxeno, que producen como residuo únicamente vapor de auga.

- Outra alternativa son os vehículos híbridos, con doble motor de combustión interna e eléctrico. Este tipo de vehículos poden ser unha boa forma de transición cara ós totalmente eléctricos.



FOTOS: vehículos eléctricos experimentais no “Encuentro Solar 2007” en Granada.



COCIÑA SOLAR

- A cociña solar é unha forma de aproveitamento enerxético simple, barata, e moi axeitada para países en vías de desenvolvemento.

- O seu uso evita a destrucción da masa forestal e contribúe a reducir o traballo infantil, xa que a busca e transporte de leña é un traballo que moitas veces recae sobre os nenos.

- As cociñas solares de concentración fanse mediante superficies reflectantes que focalizan os raios solares sobre un punto, que pode acadar unha elevada temperatura.

- Os fornos solares de acumulación fanse mediante un recipiente térmicamente illado coa parte superior transparente, que acumula enerxía por efecto invernadoiro.



FOTO SUPERIOR: cociña solar parabólica e fornos de acumulación no “Encuentro Solar 2007” de Granada.

FOTO INFERIOR: forno solar experimental e asador de brochetas feitos por alumnos de secundaria, presentados no “Encuentro Solar 2007” de Granada.



O FUTURO DA ENERXÍA, ¿QUÉ PODEMOS FACER?

- Pedir máis recursos para a investigación. O aproveitamento das enerxías renovables está tecnoloxicamente maduro, e inda ten moito potencial de mellora. Só fan falta cartos.

- Adoptar medidas de aforro para reducir o consumo, non podemos seguir vivindo como ata agora (especialmente os países máis ricos).

- Facer instalacións de enerxías renovables nas nosas casas. Inda que agora son todavía caras, se hai suficiente demanda os prezos baixarán, como sucede cos ordenadores, teléfonos móviles, etc.

- Cambiar a nosa mentalidade: comezar a responsabilizarnos do noso propio abastecemento enerxético. Hai poucos anos moitas casas non tiñan auga, electricidade, calefacción, teléfono ou internet, e hoxe considerámolo imprescindible. Dentro de poucos anos ninguén pensará en vivir nunha casa que non produza e almacene a súa propia enerxía, os paneis solares e aeroxeradores serán un electrodoméstico máis.

FOTO SUPERIOR: Sistema experimental de almacenamento mediante hidróxeno en Sotavento (A CORUÑA)

FOTO INFERIOR: “vehículo eólico” en Coruxo (VIGO)