Páxina creada por Javier Diz Bugarín e Montserrat Rodríguez Paz dedicada á cultura tradicional galega e á súa relación co desenvolvemento sostible e enerxías renovables. Nela iremos engadindo contidos que consideramos de interese, actividades, eventos e todo o que se nos ocorra.

Vehículos eléctricos: historia, tecnoloxías e futuro

Presentación sobre a historia da mobilidade eléctrica, as tecnoloxías dos vehículos modernos e o seu rendemento enerxético

Aproveitamentos tradicionais das enerxías renovables e balance enerxético

Presentación sobre a historia das enerxías renovables, os tipos de aproveitamentos tradicionais e casos prácticos de rendemento enerxético.

Balance enerxético do ciclo do millo en Galicia (galego)

Artigo sobre a relación entre os procesos de cultivo e tratamento do millo ata que se converte en pan e as enerxías renovables asociadas. Ponencia presentada no congreso Hands-On-Science 2008. Versión galega.

Solar energy workshops for technical students

Este artigo describe as actividades de divulgación sobre enerxías renovables realizadas no IES Escolas Proval en maio de 2009 dentro do II Día Solar Europeo. Presentado no congreso Hands-on-Science 2009 celebrado en Recife (Brasil).

Estación Meteorolóxica do IES Escolas Proval (Nigrán)

Enlace á páxina web da estación meteorolóxica do IES Escolas Proval. Os elementos da estación (circuítos, programas e páxina web) son de deseño propio e foron construídos e instalados por alumnos e profesores do centro. En funcionamento desde 2005.

http://proval.meteoproval.es

Minikit de electrificación solar con SAI de ordenador

As SAI (Fontes de alimentación ininterrumpidas para ordenador) son un sistema sinxelo e barato de producir electricidade convencional a partir dunha batería. Se as desconectamos da rede e lle engadimos un panel solar para recargar a batería interna xa temos un pequeno sistema enerxético autónomo que pode empregarse en aplicacións de baixo consumo. O prototipo serve desde hai tempo para a iluminación dun muíño hidráulico en Beade-Valadares (Vigo).
Este equipo presentámolo no "Encuentro Solar 2007" celebrado no Parque de las Ciencias de Granada.

Solar-recharged UPS as a low cost AC power supply for Electronics and Environmental Education (artigo)

Artigo sobre electrificación solar enviado ó congreso Hands-on-Science 2008. Axúntase tamén o artigo modificado publicado no International Journal of Hands-on-Science (decembro 2008).

Distribuir contido